Foliada!

Unha festa. Unha troula.
Un serán, unha ruada e unha esmorga.
Unhas pioneiras prenderon o baile que agora
outras escriben e outras enchen de cor e forma.
Unha alegría compartida á que toda a xente é benvida, porque a música non se detén. Xamais.

Unha auténtica Foliada!
Bailamos?

lúa

Gozarás das creacións das ilustradoras Xoana Almar, Iria Fafián, Laura Mahía, María Montes e Laura Tova; e dos textos das escritoras Yolanda Castaño, Esther F. Carrodeguas, Ledicia Costas, María Lado e María Solar.

Pandeireta Zapatos

Todas seguiron o nobelo de Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira Santos e das Pandeireteiras de Mens (Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda), en que se personifica a poesía popular oral homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.

Flor Lentes

As Coplas

“O pandeiro toca benhe” e
“Se che perghuntan quen canta”

Informantes: Adolfina e Rosa Casás. Recolla de Dorothé Schubarth en San Martiño de Cerceda en marzo de 1980. Publicada coa referencia 2764 do APOI, Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego.

Reinterpretadas para Foliada! por Ledicia Costas (texto) e Laura Tova (ilustración).

“Fun á fonte a buscar augha” e
“Maruxiña vai na fonte”

Informantes: Adolfina e Rosa Casás. Recolla de Dorothé Schubarth en San Martiño de Cerceda en marzo de 1980. Publicada coa referencia 2789 do APOI, Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galegoo.

Reinterpretadas para Foliada! por Esther F. Carrodeguas (texto) e Laura Mahía (ilustración).

“Muiñeira da ribeira” e
“O anillo que me deches”

Informante: Eva Castiñeira. Coplas publicadas baixo o nome de “Muiñeira Ribeirana”, no disco “Recolleita Vol. I”, publicado orixinalmente pola discográfica Ruada, con depósito legal C-1208-81 no ano 1981 e reeditado por Atlantia Entertainment S.L. para La Voz de Galicia (con licencia de Clave Records S.L) no ano 2003 con depósito legal LU-248-03. Esta publicación estivo coordinada por Pablo Quintana.

Reinterpretadas para Foliada! por María Lado (texto) e Xoana Almar (ilustración).

“O Chanqueiriño pequeno” e
“O carnaval foi pasando”

Informantes: Asunción Garrido Ameijende, Manuela Lema Vilar e Teresa Lema Varela. Recolla de Dorothé Schubarth en Mens (Malpica de Bergantiños) en marzo de 1980. Publicada coa referencia 1927 do APOI, Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego.

Reinterpretadas para Foliada! por María Solar (texto) e María Montes (ilustración).

“Eu por ti ando de noite” e
“Eu aquí non canto máis”

Informantes: Asunción Garrido Ameijende, Manuela Lema Vilar e Teresa Lema Varela. Recolla de Dorothé Schubarth en Mens (Malpica de Bergantiños) en marzo de 1980. Publicada coas referencias 2918 e 2913, respectivamente, do APOI, Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego.

Reinterpretadas para Foliada! por Yolanda Castaño (texto) e Iria Fafián (ilustración).

Tras o sorteo,
todo listo para a Foliada!



Queres saber se es unha das persoas gañadoras do sorteo de 20 packs dun exemplar de Foliada! e dun pano para pandeireta?



Consulta a listaxe nas bases legais.